martes, 24 de mayo de 2011

Gato Salvaje...miau!

"Deixar Administración de Empresas para acabar xestionando a túa é un pouco irónico" iso pensa Sergio Prieto, fundador de Gato Salvaje xunto con outros dous socios.

Son unha nova empresa galega que desexa abrirse camiño no mundo audiovisual. A carta de presentación é "Sexo, mentiras y trabajos de clase" unha aventura gráfica que protagoniza unha estudante de xornalismo (a voz do dobraxe é da actriz María Castro) que esperta sen saber ben o que fixo a noite anterior.

Mentres Sergio traga todo o que pode almorzar nun económico buffet libre pregúntolle polo que custa facer realidade un proxecto tal. Os pais, primeiro, e un crédito son a clave para comezar. "Hai que estar moi tolo ou ser un inconsciente para facer isto" pero a cousa vai indo e cada día aumentan o número de descargas na páxina web dende onde distribúen o xogo. Dende Chepis desexámoslles toda a sorte do mundo. Para mais info http://www.gatosalvajestudio.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario