martes, 20 de marzo de 2012

TROLL 2



Gracias ao noso amigo "El Desencanto de la Postmodernidad" coñecín Troll 2. Esta película de terror foi  rodada en 1990 e conta a historia dunha familia americana que vai pasar as súas vacacións a Nilbog, unha pobo agrícola de Utah, onde se lles aparecen uns seres chamados Goblins.

Parecía que Troll 2 quedaría sumerxida no VHS ,e non daría o salto ao DVD, mais non foi así. Un pase da película na canle HBO permitiu que milleiros de persoas nos Estados Unidos viran a cinta.

A calificada pola crítica como a peor película xamais rodada é considerada como película de culto por unha lexión de milleiros de fans por todo o globo.

En Chepis queremos facerlle unha petición á TVG para que se faga cunha copia de Troll 2 e poder ver tan infame pero encantadora película.

jueves, 8 de marzo de 2012

O mellor de Decathlon

Cómodamente, mentres ves a televisión, ponte este traxe de sudación! Atención ao detalle das pingas de suor para darlle un toque "classy"